viernes, 16 de octubre de 2015

MENÚ ELABORADO POR 4º E.P.

Hoxe cociñamos nós


O xoves 8 foi o día en que elaboramos o menú para todo o colexio.
Foi un día de moito traballo pero moi divertido.
As semanas anteriores trouxemos receitas e escollemos cales facer. Para escollelas non só tiñamos que ter en conta os nosos gustos senón tamén que fose un menú equilibrado. Tiña que ter de todo: verdura, hidratos, proteínas... Ademais non podía ser moi complicado de facer pois tiñamos que dar de comer a moita xente.
A base dun dos nosos pratos eran as espinacas xa que foi a verdura que nos recollemos na horta do colexio.

Temos que dicir que foi todo un éxito, todos nos felicitaron. Non podían crer que unhas espinacas puideran estar tan boas!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!