jueves, 27 de noviembre de 2014

MENÚ 5º E.P.

O alumnado de 5º de Educación Primaria cociñamos hoxe.
Fixemos un menú que intentamos que fora o máis equilibrado e rico posible. Tiñamos que empregar, como ingrediente básico no primeiro prato, espinacas, que as plantaramos o curso pasado. E tendo en conta os consellos e o moito que aprendemos na Unidade de Alimentación de Ciencias Naturais, eliximos: Revolto de espinacas con champiñóns e gambas.
De segundo: "Fajitas" con ensalada.
E de postre: Cocadas.

Este é o resultado do noso esforzo!!!


Así foi como o elaboramos:

Cantas bágoas nos sacaron estas cebolas!


Agora tócanos...ÑAM..ÑAM...!!!

 Agora, a servir!!!




Foi unha actividade divertida e super interesante.
Tivemos moitas felicitacións.

jueves, 13 de noviembre de 2014

miércoles, 12 de noviembre de 2014

VISITA 4º E.P A BOCAMAOS

Ola a todos e todas:
O pasado xoves 6 de Novembro, os alumnos e alumnas de 4º E.P fomos á aldea de Bocamaos visitar unha vivenda rural galega co gallo de aprender como se vivía antes nos lugares e aldeas galegas. Puidemos ver que os animais vivían coas persoas dentro das mesmas casas e que todas tiñan unha estrutura similar. Soledad, a dona, ensinounos os compartimentos da casa, contounos moi amablemente todo o que quixemos saber sobre un montón de cousas que non sabiamos para que servían.
Aquí tedes algunhas fotos dese dia.






martes, 4 de noviembre de 2014

HALLOWEEN 2014

A semana pasada coincidindo coa festividade de Halloween levamos a cabo unha  serie de actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Reino Unido e dende fai uns cantos anos no noso cole tamén. 

As actividades comezaron o Martes. O alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de recollida de cabazas no horto para a súa posterior elaboración dun biscoito que  todo o alumnado degustou o día de Halloween. "Terroríficamente delicioso"

O Mércores, o alumnado de 4º E.S.O axudou a 3º, 4º, 5º e 6º de E.P a realizar un obradoiro de cabazas. Todos e todas gozaron moito deseñando e dando forma ás máis orixinais e espeluznantes cabazas. Unha vez rematadas as nosas "Jack O´Lantern" espuxémolas no comedor e na entrada do cole. Todo quedou decorado de medo!



O día da festa todo o cole viuse involucrado nun proxecto conxunto no que realizamos diferentes actividades. A primeira hora  completamos  un libriño de actividades lúdicas con sopas de letras, encrucillados e  lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos moitísimo vocabulario de  Halloween!!!! 

Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe no que os alumnos e alumnas de 4º E.S.O. viñeron a maquillarnos. Menudos artistas que temos no cole !




Non faltaron os disfraces e por suposto o FESTIVAL DE HALLOWEEN.  Colaboramos entre todos os cursos de primaria e 1º, 2º e 3º de E.S.O para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeros e compañeiras; cancións de Halloween, rimas, raps…. 
Helena e Antón de 3º E.S.O presentaron o show e a verdade é que o fixeron moi ben, bruxas, os esqueletes, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos e ata estaban  as personaxes da película de Ghostbusters, todo un luxo.


Despois do festival voltamos ás nosas clases para ir facer o truco ou trato entre os distintos cursos do centro,  

E a continuación no comedor degustamos un horripilante menú de Halloween. Crema de cabaza,  dedos de bruxa con patacas fritidas e de postre o pastel de cabaza que elaboraron os alumnos de 6º E.P xunto cos dedos de bruxa que cociñaron os alumnos e alumnas de 2º E.S.O


 

Xa pola tarde sesión de cine. Películas de Halloween para pasar unha tarde de medo.

Por un día a cultura anglosaxona foi a protagonista e para todos nos foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN.