miércoles, 23 de diciembre de 2015

Felices Festas!

A piques estamos de rematar o 2015 e queriamolo despedir convosco compartindo este vídeo protagonizado polos nosos nenos e nenas de EI e as súas familias. Nel lle cantan ao Apalpador. A letra é de  Xurxo Valcárcel e foi musicado polo noso profesor de Música David Vilas. Nel colaboraron ademáis Abrigueiro Estudios, os músicos Santi Cribeiro e Guillerme Fernández   e os nosos músicos da Escola Cantarela... a todos eles grazas, o noso máis sincero agradecemento, e en especial ás familias de EI, pola súa xenerosa implicación neste proxecto e por contribuír cos seus fillos e fillas na realización desta fermosa felicitación de Nadal. 

Felices festas!!

"Educar para previr"

Onte 22 de decembro, celebrouse o XXII Certamen de debuxo organizado polo Concello de Lugo "Educar para Previr" que este ano se adicou á "Saúde e Ocio"no que Irina García Pous,de 2º EP, gañou un dos premios.aquí vos deixamos algunhas imaxes de Irina recollendo o seu ben merecido agasallo. Felicidades Irina!

Irina

sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015

Estamos de Nadal!!
Foi unha semana intensa, chea de actividades, música e moita solidaridade. Como sabedes este ano o proxecto solidario nos permitiu coñecer máis de cerca a realidade dos comedores sociais, neste caso o do "Fogar do Transeúnte", na rúa Diputación, aquí en Lugo. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO coñeceron as súas instalacións e foron os encargados de contarnos que é, onde se atopa, que servicios presta e a que persoas está destinado. 
Fixemos a colecta anual de roupa, xoguetes e tamén alimentos, que coma foi sempre xenerosa e abundante. Gracias a todos pola vosa implicación!

Realizamos obradoiros: de cociña, elaboramos postais e adornos...

OBRADOIROS POSTAIS OBRADOIROS POSTAIS OBRADOIROS POSTAIS OBRADOIROS POSTAIS OBRADOIROS POSTAIS OBRADOIROS POSTAIS


Participamos nas Audicións de Nadal....


AUDICIÓNS NADAL 2015


Visitounos o Apalpador....



E recibimos a incrible visita das súas maxestades os Reis Magos!!

VISITA REIS MAGOS



O pasamos moi ben, e non queremos despedir este primeiro tramo do camiño sen desexarvos unhas moi felices festas!!

Bo Nadal!!

viernes, 18 de diciembre de 2015

Horario de oficina Nadal

O Centro permanecerá pechado, por necesidades de mantemento ata o comezo do trimestre o vindeiro 7 de xaneiro, Mentres atenderémosvos na oficina do Campo Castelo nos días e horario detallado nesta entrada. Tamén podedes enviarnos un correo electrónico a info@centrogalen.com.



jueves, 17 de diciembre de 2015

OBRADOIRO POSTAIS 5º e 6º EP

En relación ao traballo que fixemos sobre as diferenzas alimenticias decidimos ter en conta esta temática a hora de planificar e deseñar a nosa postal.

Fixádevos que artistas estamos feitos.




PROXECTO SOLIDARIO “O FOGAR DO TRASEUNTE” 5º e 6º EP

Este Nadal dentro do noso proxecto solidario colaboramos co Comedor Social “ Fogar do Traseunte”, e unha das investigacións que fixemos foi indagar sobre a realidade nas diferenzas alimenticias que existen entre as distintas persoas dos diferentes países, tendo en conta moitas variables: situación económica, formación, infraestruturas, industria, comercio, sanidade, seguridade, servizos,…,chegando a conclusión de que todo está interrelacionado e que existen grandes desigualdades. Ademais cremos que os países máis desenvoltos deberían axudar a desenvolver e potenciar o sector primario dos que teñen máis necesidades para ir invertendo esta situación.

Este é a nosa aportación.

lunes, 14 de diciembre de 2015

PROGRAMA DE NADAL


Estamos de Nadal!! 
Aquí vos deixamos o programa de festas, lembrade que o venres rematamos ao mediodía!

SAÍDA DE BUSES

EI, EP e 1º-2º ESO saen ás13:15h

3ºe 4º ESO e BAC saen ás 13:30h


martes, 1 de diciembre de 2015

DEPORTE INCLUSIVO EN GALÉN

             

               O alumnado de 5º,6º de EP e 1º,2º ESO de Galén participou hoxe martes día 1 nunha  Xornada de Deporte Inclusivo.
 
               Con esta xornada de sensibilización, preténdese transformar a actitude dos nenos/as ante a discapacidade. A mellor maneira de facelo é incluir na práctica deportiva a tódolos menores.Trátase de que , por medio de actividades deportivas e diferentes circuítos , poida  ver por si mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio
 
               Unha sesión de 2 horas, onde poderán  atoparse a carón dos protagonistas , escoitar as historias de superación de atletas adaptados. Pero sobre todo  un día no que poden descubrir por si mesmos o que é unha handbike , tenis en cadeiras de rodas ,fútbol a cegas ... etc.  Poñer en práctica para descubrir e sentir empatía coa discapacidade.                                          


XORNADAS DEPORTE INCLUSIVO