jueves, 17 de diciembre de 2015

PROXECTO SOLIDARIO “O FOGAR DO TRASEUNTE” 5º e 6º EP

Este Nadal dentro do noso proxecto solidario colaboramos co Comedor Social “ Fogar do Traseunte”, e unha das investigacións que fixemos foi indagar sobre a realidade nas diferenzas alimenticias que existen entre as distintas persoas dos diferentes países, tendo en conta moitas variables: situación económica, formación, infraestruturas, industria, comercio, sanidade, seguridade, servizos,…,chegando a conclusión de que todo está interrelacionado e que existen grandes desigualdades. Ademais cremos que os países máis desenvoltos deberían axudar a desenvolver e potenciar o sector primario dos que teñen máis necesidades para ir invertendo esta situación.

Este é a nosa aportación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!