viernes, 16 de octubre de 2015

MENÚ ELABORADO POR 4º E.P.

Hoxe cociñamos nós


O xoves 8 foi o día en que elaboramos o menú para todo o colexio.
Foi un día de moito traballo pero moi divertido.
As semanas anteriores trouxemos receitas e escollemos cales facer. Para escollelas non só tiñamos que ter en conta os nosos gustos senón tamén que fose un menú equilibrado. Tiña que ter de todo: verdura, hidratos, proteínas... Ademais non podía ser moi complicado de facer pois tiñamos que dar de comer a moita xente.
A base dun dos nosos pratos eran as espinacas xa que foi a verdura que nos recollemos na horta do colexio.

Temos que dicir que foi todo un éxito, todos nos felicitaron. Non podían crer que unhas espinacas puideran estar tan boas!







viernes, 9 de octubre de 2015

Alumnado de 6º EP con Olaf



Este xoves veu a visitarnos Javier, o pai de Gabriel, e Olaf o seu azor.
Aproveitando que estamos a estudar a Idade Media, falounos do importante que era a cetrería nesta época. Tamén nos aclarou todas as dúbidas sobre as aves rapaces (especialmente sobre os azores).
Todos aprendemos moito.
Moitas grazas Javier.




viernes, 2 de octubre de 2015

ÚLTIMO DÍA ESTADÍA 5º E.P.




Hoxe foi o último día, é hora de marchar para a casa e descansar!!!! Ímonos contentos e cheos de aventuras e experiencias compartidas. 
Bo fin de semana para todos e todas.

Deixámosvos o enlace aquí.


jueves, 1 de octubre de 2015

SEGUNDO DÍA ESTADÍA DE 5º E.P.

Hoxe na Estadía de 5º estivemos moi ocupados facendo sidra como actividade principal do día.



Deixámosvos o enlace para que poidades facer un seguimento de todo o proceso e do resto das actividades aquí