jueves, 27 de febrero de 2014

PREPARANDO O ENTROIDO

Toda esta semana o alumnado de primaria estivemos preparando o entroido, realizando diferentes e variados obradoiros:  de disfraces, de caretas, de antifaces e gafas,..

 
O mesmo tempo que ensaiamos e practicamos a coreografía coa que vos pretendemos sorprender na gran festa do venres.
Estade pendente da canle de You Tube do cole para ver o video da actuación.
 

viernes, 14 de febrero de 2014

COCIÑANDO 3º E.P.



Cociñando para todo o cole!!!
3º Educación Primaria
Hoxe foi o día que nos tocou cociñar para todos e todas.
O primeiro que fixemos foi escoller o menú.
Empezamos polo tipo de cocina que nos gustaría facer e optamos pola cociña do mundo. E dentro da cociña do mundo decidímonos pola cocina mexicana que sen ser tan popular como a italiana é coñecida por todos e todas.
Fixemos un proxecto de investigación sobre a gastronomía mexicana e descubrimos que lles encanta o picante e que mesmo as lambetadas levan chile!!! Tamén decatámonos de que usan moito o leite nas sobremesas. Tres leites: leite evaporada, condensada e pasteurizada.
E tivemos que facer varias probas na casa para escoller a receita que máis nos gustara. Algunhas non nos gustaron moito. Pero gozamos facéndoas e compartíndoas cos compañeiros e compañeiras

Este foi o noso, un menú equilibrado e delicioso.

1º prato
Ensalada de "frijoles", leituga, millo, cebola e queixo con nachos e salsa de chile.

2º prato
"Fajitas" de tenreira


Sobremesa

Torta de chocolate e améndoas.



Todos e todas repetiron e felicitáronos.

Só temos unha pena e é que non o puidemos compartir cos compañeiros e compañeiras que estaban na neve e en Sotavento. Estamos en débeda con eles.

domingo, 2 de febrero de 2014

VISITA DO ENSINO



O mércores 29 de xaneiro , varias da xogadoras e adestradores do Porta XI Ensino, viñeron o centro a compartir unha xornada con nós. 
Estiveron comendo e charlando no patio do colexio. Logo, as 15.15 reunímonos todos no pavillón para poder facerlles preguntas e contestar as nosas dúbidas. Fixemos grupos xogamos con elas a distintos exercicios de tiro, pase, bote....Ao final puidemos estar con elas e nos firmaron un montón de autógrafos!!Ademais regaláronnos invitacións para poder asistir o seu encontro do venres 31 contra un equipo de León.

Estiveron connosco; Catarina Pollini e Javi Muñoz que son os adestradores do primeiro equipo
Raquel Álvarez como coordinadora de categorías de inferiores do club e Verónica Matoso, Laura Muñoz, Yaiza García, Paula ALejandra Reggiardo e Mireia Navarrete de xogadoras


Foi unha gran xornada onde nós e elas gozamos cun deporte que nos une!!

Deixámosvos o seguinte enlace para poder ver a nova ampliada así como a galería de fotos completa.