miércoles, 25 de septiembre de 2013

Estadía de 3º de E.P.

Isto sí que é divertido!!!

Menudas vacacións!!!

O día pasou voando!!!

Si, si, falamos da Estadía de 3º de EP.

Comezamos a nosa estadía con tempo inestable pero con moitísimas ganas de aprender e pasalo xenial. Todo está saíndo fenomenal.

Podedes seguir todas as actividades no Blog da Aula de Natureza Trevia. Aquí.

Biquiños

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Estadía 5º EP

Queremos darvos a benvida a todas as familias xunto cos vosos fillos e fillas a un novo curso académico. E informarvos de que será a través deste blog onde podedes ir vendo as actividades que facemos dentro e fóra da aula. 

Gustaríanos moito contar coa vosa participación a través dos comentarios que podedes facer debaixo de cada entrada. E como xa sabedes, comezamos a andaina coas Estadías de Outono de 1º, 3º e 5º de Primaria. Sendo a primeira en desenvolverse a de 5º de Primaria.

 A continuación deixámosvos o enlace ao blog  da Aula da Natureza Trevia para que poidades seguir de cerca todo o que traballamos, descubrimos, aprendimos e o ben que o pasamos nesta primeira Estadía.