viernes, 29 de noviembre de 2013

CONVENCIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS

O pasado 20 de Novembro, coincidindo co 24 anivesario da Convención sobre os Dereitos do Neno, os alumnos e alumnas de 6º E.P acudiron ao Concello de Lugo para participar nun pleno xunto co Ilustrísimo Señor Alcalde, o Subdelegado do Goberno, a Directora de UNICEF en Lugo,
así como os compañeiros e compañeiras doutros coles, no que se debatiron diferentes cuestións relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas.

Ao noso cole tocoulle traballar o dereito á saúde e tamén o dereito á protección contra os malos tratos. Previamente na aula  estivemos lendo a Convención dos Dereitos dos Nenos e fixemos un debate analizando aquelas cousas que hai en Lugo que fomentan ou aseguran cada un dos dereitos da infancia. Despois  fixemos unha reflexión sobre cada dereito e tamén plantexamos propostas de mellora para que cada día máis nenos e nenas vexan cumplido ese dereito e por último formulamos preguntas ao Alcalde sobre o cumplimento dos dereitos na nosa cidade.

Aina, Ignacio, Natalia, Dani L e Javi ocuparon os 5 escanos que nos correspondían  e deron a coñecer a todos os asistententes o traballo  que entre todos e todas elaboramos. Foi unha experiencia moi gratificante e  durante un anaco sentímonos como se nas nosas mans estivese facer do mundo un lugar no que os dereitos de todos os nenos e nenas fosen unha realidade.

Podedes ver o video do pleno na canle de youtube do cole.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

VISITOUNOS 2º ESO

Ola a todos:

A semana pasada, os nenos e nenas de 6º E.P, tivemos unha grata sorpresa. O alumnado de 2º ESO expuxéronnos todo o que estiveron investigando sobre o maltrato animal, as terapias que se fan con eles ….Todo con PowerPoint e vídeos que resultaron moi conmovedores. Foi súper interesante.

Ó rematar fixemos unha mesa redonda onde lles formulamos as nosas dúbidas e o que tiñamos pensado facer dende o noso movemento anti maltrato animal (24-O M.A.M.A). Eles animáronnos moito e tamén nos dixeron que podiamos contar con eles para todo o que necesitáramos.

Foi xenial e moi interesante!!!


Grazas a todos os alumnos e alumnas de 2º ESO!!!


                      

OBRADOIRO INSTRUMENTOS MUSICAIS

Mirade que ocupados estamos,...

Este mércores, día 13, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de ver e comprobar que fácil era facer distintos instrumentos musicais seguindo unhas pautas moi sinxelas, ademais demostrar unha boa destreza manual combinada cun pouco de enxeño e imaxinación.








miércoles, 13 de noviembre de 2013

HOXE COCIÑAMOS NÓS

O martes 12 foi o día en que o alumnado de 4º de Educación Primaria elaboramos o menú para todo o colexio.
Foi un día de moito traballo pero moi divertido.
As semanas anteriores trouxemos receitas e escollemos cales facer. Para escollelas non só tiñamos que ter en conta os nosos gustos senón tamén que fose un menú equilibrado. Tiña que ter de todo: verdura, hidratos, proteínas... A demais non podía ser moi complicado de facer pois tiñamos que dar de comer a moita xente.
A base dun dos nosos pratos eran as espinacas xa que foi a verdura que nós recollemos na horta do colexio.
 

Menú 4º EP
1º Prato
Espinacas con bechamel
2º prato
Filetes en salsa de queixo
Postre
Tarta de galletas
 
 
 
Temos que dicir que foi todo un éxito, todos nos felicitaron. Non podían crer que unhas espinacas puideran estar tan boas!

OBRADOIRO CESTERIA DE PAPEL

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixemos un obradoiro de cestería de papel. É incrible o que se pode facer cunhas cantas follas de xornal.


 
 
Pouco a pouco ímoslle dando forma.
 
 
Xa temos o noso cesto!!
 
Este foi o resultado final

domingo, 10 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

O pasado mércores día 6 de novembro no colexio celebramos “O Magosto”. Preparámolo con certa antelación, investigando a súa orixe, que tipo de festividade é, que se celebra, ademais de ensaiar cancións e bailes apropiados e, por suposto, o que non podía faltar é a realización de cucuruchos para poder degustar as castañas asadas.
Polo que tivemos unha mañá moi atarefada reconvertendo diferentes envases de auga e leite en fermosos “cucuruchos” adornados marabillosamente grazas a creatividade dos propios nenos e nenas, uns artistas!
Logo, pola tarde, chegou a festa. As castañas a punto, despois de estar dende primeiras horas da maña asándose nas brasas. Empezou a encherse  o espazo de alboroto, risas, música,..., nun primeiro momento estabamos ansiosos por comer as castañas...que ricas!!! Pero logo comezamos a participar da festa bailando, cantando e animando ós demais a gozar deste día.


miércoles, 6 de noviembre de 2013

CELEBRAMOS HALLOWEEN


O pasado 30 de Outubro, con motivo da festividade de Halloween, organizamos unha serie de actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Reino Unido e dende fai xa algúns anos no noso cole tamén.
 
Ó longo do día fixemos diferentes actividades lúdicas, como por exemplo; un libriño de actividades con sopas de letras, encrucilladas,  lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos moitísimo sobre o Halloween e quedamonos bastantes sorprendidos cando descubrimos que nas súas orixes era unha festa celta que recibía o nome de "Samhaín".
 
 Todo o cole se viu  involucrado nun proxecto conxunto no que fixemos desde o  truco o trato entre os distintos cursos do centro,  ata un taller de cabazas no que os maiores do cole axudaron ós máis pequenos a facelas, decoramos o colexio con adornos típicos desta data creando así un ambiente real e próximo a como o fan nestes países, deseñamos un menú especial de Halloween e ata fixemos un postre de medo; "dedos de bruxa".
 
Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe, os disfraces e por suposto o FESTIVAL DE HALLOWEEN.  Colaboramos entre todos os cursos de primaria para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeros e compañeiras; cancións de Halloween, teatro, …. Ademáis todos e todas viñemos disfrazados.

Manuel e Uxía de 1º de Bacharelato presentaron o show e a verdade e que o fixeron moi ben, non faltaron as bruxas, os esqueletos, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos e ata estaban  os personaxes da película de Shrek, todo un luxo.
 
Por un día a cultura anglosaxona foi a protagonista e para todos nos foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN .

Podedes ver o video do festival na canle de Youtube do cole e as fotos na páxina web.

EDUCACIÓN VIAL


O luns e o martes desta semana, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de asistir a clases de Educación Vial a través do Parque Infantil de Tráfico e así poder  aprender un montón sobre aspectos básicos regulamentados para adquirir condutas seguras e hábitos correctos  como peón e como viaxeiro.
Pareceunos, ademais de interesante, moi divertido e xa nos está tardando poder poñer todos estes coñecementos en práctica.

lunes, 4 de noviembre de 2013

6º E.P. CONTRA O MALTRATO ANIMAL

Os alumnos e alumnas de 6º E.P., dende a área de Educación para a Cidadanía, levamos unas semanas investigando os beneficios que nos aportan os animais ós seres humanos.

Xa sabemos que moitos animais se utilizan como terapia para fomentar a melloría no funcionamento físico, social, emocional e/ou cognitivo nos seres humanos, e cada vez son máis frecuentes o uso de animais con fins terapéuticos.

Tamén somos máis conscientes do que é o maltrato animal.

Nós, pronunciámonos claramente en contra do maltrato animal, e por iso decidimos crear un equipo para contarlle a todos os nenos e nenas de Galén e de fóra do Centro, todo o que aprendemos sobre os animais e conciencialos do importante que é tratalos ben.

O noso equipo chámase 24-O M.A.M.A (Movemento Anti Maltrato Animal) o 24-O, decidímolo porque foi o dia en que nos constituímos como equipo.

Temos un obxectivo claro, a defensa dos animais e para iso se nos ocorren un montón de ideas que vos iremos contando.

Aquí tedes a nosa foto