domingo, 10 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

O pasado mércores día 6 de novembro no colexio celebramos “O Magosto”. Preparámolo con certa antelación, investigando a súa orixe, que tipo de festividade é, que se celebra, ademais de ensaiar cancións e bailes apropiados e, por suposto, o que non podía faltar é a realización de cucuruchos para poder degustar as castañas asadas.
Polo que tivemos unha mañá moi atarefada reconvertendo diferentes envases de auga e leite en fermosos “cucuruchos” adornados marabillosamente grazas a creatividade dos propios nenos e nenas, uns artistas!
Logo, pola tarde, chegou a festa. As castañas a punto, despois de estar dende primeiras horas da maña asándose nas brasas. Empezou a encherse  o espazo de alboroto, risas, música,..., nun primeiro momento estabamos ansiosos por comer as castañas...que ricas!!! Pero logo comezamos a participar da festa bailando, cantando e animando ós demais a gozar deste día.


1 comentario:

Animádevos a comentar!