miércoles, 6 de noviembre de 2013

CELEBRAMOS HALLOWEEN


O pasado 30 de Outubro, con motivo da festividade de Halloween, organizamos unha serie de actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Reino Unido e dende fai xa algúns anos no noso cole tamén.
 
Ó longo do día fixemos diferentes actividades lúdicas, como por exemplo; un libriño de actividades con sopas de letras, encrucilladas,  lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos moitísimo sobre o Halloween e quedamonos bastantes sorprendidos cando descubrimos que nas súas orixes era unha festa celta que recibía o nome de "Samhaín".
 
 Todo o cole se viu  involucrado nun proxecto conxunto no que fixemos desde o  truco o trato entre os distintos cursos do centro,  ata un taller de cabazas no que os maiores do cole axudaron ós máis pequenos a facelas, decoramos o colexio con adornos típicos desta data creando así un ambiente real e próximo a como o fan nestes países, deseñamos un menú especial de Halloween e ata fixemos un postre de medo; "dedos de bruxa".
 
Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe, os disfraces e por suposto o FESTIVAL DE HALLOWEEN.  Colaboramos entre todos os cursos de primaria para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeros e compañeiras; cancións de Halloween, teatro, …. Ademáis todos e todas viñemos disfrazados.

Manuel e Uxía de 1º de Bacharelato presentaron o show e a verdade e que o fixeron moi ben, non faltaron as bruxas, os esqueletos, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos e ata estaban  os personaxes da película de Shrek, todo un luxo.
 
Por un día a cultura anglosaxona foi a protagonista e para todos nos foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN .

Podedes ver o video do festival na canle de Youtube do cole e as fotos na páxina web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!