domingo, 15 de diciembre de 2013

PROXECTO SOLIDARIO NADAL


Este ano, como xa vos contaron  os vosos fillos e fillas, o noso proxecto solidario está vinculado á “Asociación de Veciños e Comerciantes da Milagrosa”. A semana pasada visitáronnos  dous dos seus representantes que estiveron explicando o seu labor ao alumnado de 2º da ESO. Grupo responsable de implicar ao resto do Centro neste proxecto.
Así, nesta ocasión dedicaremos un espazo solidario destinado á recollida de alimentos, roupa e xoguetes.
Tamén teremos un posto de venda de perfumes na entrada do centro elaborados polo alumnado de 2º da ESO. O perfume á venda é o resultado do proxecto co que obtiveron o primeiro premio en Galiciencia 2013, na categoría de 1º ciclo de ESO.  Os fondos acadados serán destinados  a mercar máis alimentos para esta Asociación.
A vindeira semana estades invitados ás audicións de Nadal e a degustación de postres elaborados polos vosos fillos e fillas.

sábado, 14 de diciembre de 2013

MENÚ 6º E.P

Xa sabedes que todos os meses un curso do cole é o encargado de elaborar e servir o menú dun día de comedor.
Este mes de Decembro tocoulle cociñar ao curso de 6ºE.P e a verdade é que todos quedaron moi contentos polo traballo realizado.
O primeiro que fixemos foi decidir o Menú que queriamos preparar. Foron moitas as propostas para o primeiro e segundo prato e para o postre tamén. Así que, como queriamos que fose algo elixido entre todos e todas, anotamos  as propostas no encerado e despois votamos.
De primeiro prato escollimos unha ensalada César cunha base de leituga, acompañado de tomate, atún, ovo, aceituna todo espolvoreado con queixo rallado e aliñado cunha mistura de aceite, sal e vinagre.
Para o segundo prato eliximos pinchos morunos con arroz. Sabiamos que era todo un reto, xa que tiñamos que preparar nada máis e nada menos que 400 pinchos morunos. Pero nós estabamos decididos a facelo
E por último pero non menos importante, un rico biscoito.
Unha vez elixido o menú, o seguinte paso era poñerse mans á obra. Dito e feito; montamos todos os pinchos morunos, fixemos o biscoito e entre todos preparamos a ensalada. Traballamos en equipo e todo saiu delicioso.
E finalmente chegou o momento esperado; dar a probar ao resto dos nosos compañeiros o noso menú.
E si, gustou moito. Tomaron ensalada, repetiron pinchos morunos e degustaron o rico biscoito.
TODO DELICIOSO!!!!


viernes, 13 de diciembre de 2013

6º E.P COMPÓN UNHA CANCIÓN CONTRA O MALTRATO ANIMAL

Os alumnos e alumnas de 6º E.P están mergullados na creación dunha canción que será o himno da asociación antimaltrato animal que fundaron na área de Educación para a Cidadanía; 24. 0 M.A.M.A.
Son moitos os esforzos que están a dedicar, pero tamén moitas as ganas coas que están a traballar.
 O estilo musical que escolleron para musicar a súa letra foi o Rap. Así que o primeiro que fixeron foi buscar unha base musical que se prestase para o seu propósito.
Na clase de música, escoitaron moitos tipos de rap, algúns con bases electrónicas, outros máis de hip hop,  pero o que máis lles chamou a atención foi que había moita xente da súa propia cidade que facía música de moitos estilos e  así foi como descubriron a un grupo de aquí de Lugo que se chama SAFARI ORQUESTRA. 
A música de Safari representa o que nós estabamos a buscar; bases de hip-hop á antiga usanza xunto con letras reivindicativas. Así que falamos cun dos membros da banda  e pedímoslles  se podiamos usar algunha das súas bases musicais para poder crear a nosa propia canción. A resposta foi afirmativa, así que puxémonos mans á obra e escribimos a nosa propia letra de reivindicación contra o maltrato animal.
Traballamos moito e hoxe podemos dIcir que a nosa letra está rematada. Agora estamos a ensaiar xa que temos preparada unha pequena sorpresa que por agora non vos queremos desvelar...
Tamén nós tivemos unha sorpresa e Álvaro, un dos compoñentes de Safari visitounos esta semana para falarnos un pouco da música que se fai aquí en Galicia e ademais trouxo consigo o seu equipo de DJ. Álvaro é o de DJ do grupo, e estívonos ensinando os seus xiradiscos, a mesa de mesturas e unha cantidade de aparellos cos que non estabamos para nada familiarizados... A verdade é que  apaixonounos moito a súa visita. Se tiveramos que escoller o que máis nos gustou quedariámonos co momento no que nos ensinou os vinilos e por suposto o momento no que cada un de nós se lanzou a probar a pinchar os discos e a facer  uns "scratchs" . Por se non o sabedes trátase dunha técnica musical que se desenvolve movendo un disco de vinilo cara adiante e cara atrás nun tocadiscos.  Nós agora somos expertos nesta técnica. Moitas grazas Álvaro pola túa visita !!!!