sábado, 14 de diciembre de 2013

MENÚ 6º E.P

Xa sabedes que todos os meses un curso do cole é o encargado de elaborar e servir o menú dun día de comedor.
Este mes de Decembro tocoulle cociñar ao curso de 6ºE.P e a verdade é que todos quedaron moi contentos polo traballo realizado.
O primeiro que fixemos foi decidir o Menú que queriamos preparar. Foron moitas as propostas para o primeiro e segundo prato e para o postre tamén. Así que, como queriamos que fose algo elixido entre todos e todas, anotamos  as propostas no encerado e despois votamos.
De primeiro prato escollimos unha ensalada César cunha base de leituga, acompañado de tomate, atún, ovo, aceituna todo espolvoreado con queixo rallado e aliñado cunha mistura de aceite, sal e vinagre.
Para o segundo prato eliximos pinchos morunos con arroz. Sabiamos que era todo un reto, xa que tiñamos que preparar nada máis e nada menos que 400 pinchos morunos. Pero nós estabamos decididos a facelo
E por último pero non menos importante, un rico biscoito.
Unha vez elixido o menú, o seguinte paso era poñerse mans á obra. Dito e feito; montamos todos os pinchos morunos, fixemos o biscoito e entre todos preparamos a ensalada. Traballamos en equipo e todo saiu delicioso.
E finalmente chegou o momento esperado; dar a probar ao resto dos nosos compañeiros o noso menú.
E si, gustou moito. Tomaron ensalada, repetiron pinchos morunos e degustaron o rico biscoito.
TODO DELICIOSO!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!