viernes, 13 de diciembre de 2013

6º E.P COMPÓN UNHA CANCIÓN CONTRA O MALTRATO ANIMAL

Os alumnos e alumnas de 6º E.P están mergullados na creación dunha canción que será o himno da asociación antimaltrato animal que fundaron na área de Educación para a Cidadanía; 24. 0 M.A.M.A.
Son moitos os esforzos que están a dedicar, pero tamén moitas as ganas coas que están a traballar.
 O estilo musical que escolleron para musicar a súa letra foi o Rap. Así que o primeiro que fixeron foi buscar unha base musical que se prestase para o seu propósito.
Na clase de música, escoitaron moitos tipos de rap, algúns con bases electrónicas, outros máis de hip hop,  pero o que máis lles chamou a atención foi que había moita xente da súa propia cidade que facía música de moitos estilos e  así foi como descubriron a un grupo de aquí de Lugo que se chama SAFARI ORQUESTRA. 
A música de Safari representa o que nós estabamos a buscar; bases de hip-hop á antiga usanza xunto con letras reivindicativas. Así que falamos cun dos membros da banda  e pedímoslles  se podiamos usar algunha das súas bases musicais para poder crear a nosa propia canción. A resposta foi afirmativa, así que puxémonos mans á obra e escribimos a nosa propia letra de reivindicación contra o maltrato animal.
Traballamos moito e hoxe podemos dIcir que a nosa letra está rematada. Agora estamos a ensaiar xa que temos preparada unha pequena sorpresa que por agora non vos queremos desvelar...
Tamén nós tivemos unha sorpresa e Álvaro, un dos compoñentes de Safari visitounos esta semana para falarnos un pouco da música que se fai aquí en Galicia e ademais trouxo consigo o seu equipo de DJ. Álvaro é o de DJ do grupo, e estívonos ensinando os seus xiradiscos, a mesa de mesturas e unha cantidade de aparellos cos que non estabamos para nada familiarizados... A verdade é que  apaixonounos moito a súa visita. Se tiveramos que escoller o que máis nos gustou quedariámonos co momento no que nos ensinou os vinilos e por suposto o momento no que cada un de nós se lanzou a probar a pinchar os discos e a facer  uns "scratchs" . Por se non o sabedes trátase dunha técnica musical que se desenvolve movendo un disco de vinilo cara adiante e cara atrás nun tocadiscos.  Nós agora somos expertos nesta técnica. Moitas grazas Álvaro pola túa visita !!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!