viernes, 27 de marzo de 2015

Xornada de Portas Abertas

Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro

25 de Abril, sábado,

no que poderedes coñecer da man do noso profesorado o noso

Proxecto Educativo.

Nos corredores estarán expostos os traballos da Semana da Ciencia e do Proxecto interdisciplinar xunto con traballos das xornadas da cultura que se inician esta mesma semana e unha exposición de xogos de lóxica matemática.
Haberá obradoiros de actividades plásticas dirixidos aos nenos e nenas que nos visiten e un contacontos a cargo da compañía Zampacontoz, formada por profesorado de Educación Infantil do Centro, titulado

De verdade que non podía.

 

http://www.centrogalen.com/wp-content/uploads/2015/01/cartel-portas-abertashd-2015.jpg

jueves, 26 de marzo de 2015

Visita ao Acuarium Finisterrae 3º EP

O martes fomos visitar o Acuarium de Coruña.

A nosa guía, Mari Carmen, ensinounos miles de segredos dos peixes e outros animais que viven no acuario. Falounos de granxas de peixes, e nos dixo que son o presente e sobre todo o futuro da produción de pescado.Tamén nos dixo que Galicia é o segundo produtor mundial de mexillóns despois de China!!!

Vimos moitos peixes coñecidos e outros moi estraños pero a verdadeira estrela do Acuarium é Gastón, a quenlla touro. Vimos como se alimentan as focas e como se lles adestra para que podan ser atendidas polo veterinario se se poñen enfermas. Tamén vimos buzos limpando os inmensos cristais do acuario.

Foi unha visita moi interesante e divertida que nos deixou con ganas de volver para seguir aprendendo dese mundo fascinante.


Deixámosvos unhas fotos dese día.






viernes, 20 de marzo de 2015

MULLER, MULLER

O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir más cambios e celebrar la valentía e a determinación das mulleres que xogaron e xogan un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

En Galén, achegámonos a esta realidade no día a día pero nestas datas facémolo de xeito máis visible pretendendo que toda a comunidade reflexione sobre a situación e o papel da muller.

Expoñemos aquí unha pequena mostra do traballado nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

Temáticas:

3º EP- “Carapuchiña xa sabe fuxir do lobo”
4º EP- “Mulleres importantes na miña vida”
               “Mulleres e ciencia”
5º EP- “Mulleres importantes na historia”
6º EP- “Mulleres na música”






viernes, 13 de marzo de 2015

PARQUE DE TRÁFICO LÓPEZ MELLA

Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, fomos o parque infantil de tráfico para realizar a parte práctica do curso de educación vial do que xa tiveramos a parte teórica no colexio.
Foi moi divertido, gozamos da condución de bicis e karts.
Estamos desexando voltar.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.