viernes, 30 de mayo de 2014

Aproveitando a tope os últimos momentos!! Lodoselo

Onte foi unha noite moi moi especial!!
Despois dun día intenso tivemos a festa con música, xogos, baile....foi xenial!!

festa

Hoxe queriamos aproveitar cada minuto neste máxico lugar e a verdade é que non paramos. MIrade:

pan 1 pan 2 xogos mañaneros

 E...bueno, aínda queda moito moito que contarvos, pero iso reservámolo para cando esteamos na casiña.

Vémonos nun ratiño!!


jueves, 29 de mayo de 2014

Segundo día en Lodoselo

Hoxe o día foi tamén moi moi emocionante e completisimo.

Pola mañá fixemos o roteiro pola vila e tivemos que botar man das nosas  estratexias variadas para poder atopar os lugares e pistas, ademais de ir cumplindo con certas  condicións ao longo do percorrido. Como vedes nas fotos o lugar é moi fermoso, incluso máxico.

roteiro2
roteiro
 
Pola tarde choveu e tivemos que cambiar os plans, pero foi unha tarde moi chula tamén: fixemos "bombas de sementes" que despois lanzamos para que nazan as plantas....esta si que é unha maneira chula de plantar non si?

bombas
Obradoiro
Tamén fixemos un obradoiro de carteiras con material de refugallo e quedaron moi moi chulas e útiles.
E tamén estivemos a ensaiar as cancións e bailes para a velada da noite.

Nestes intres estamos de festa, hai que aproveitar os últimos momentos desta xenial experiencia poñendo todos os nosos sentidos nelo,  así que.....mañá xa vos seguimos a contar.

Moitos bicosssssss.


4º/5º EP Cabo de Peñas. Xoves.

Visita ao Museo do Jurásico, descenso en piragüa e paseo nocturno por Luanco, día completo e intenso.

Bo día dende Lodoselo

A noite onte foi do máis especial:  paseo nocturno polo souto onte aniñan os mouchos, ceo estrelado e compaña inmellorable.
Despois contos e historias: Alberto contounos a historia do Meles Meles antes de deitarnos e....unha noite de soño reparador despois de taaaaantas emocións vividas.

noite 2

Foi unha velada estupenda, aprendimos a superar moitos medos e gozamos da natureza en estado puro.

 E esta mañá erguímonos cheos de enerxías e con ganas de aventuras.

noite

Despois do almorzo un ratiño de xogos e.......xa vos contaremos ao final do día!!!

Un bicazo a todas e todos dende a montaña!!

miércoles, 28 de mayo de 2014

Primeiro día en Lodoselo

Que ben o estamos a pasar familias!!

Despois dun rico xantar tivemos xogo libre para despois meternos de cheo nos traballos de horta e coidado dos animais. Plantamos unha pradaira e un carballo. Na visita á granxa de vacas moitos tivemos a oportunidade de achegarnos a elas, tocalas e superar así os nosos medos tocando aos xatiños. Como dicimos nós "que monada!!!"

horta-animais 
Despois contáronnos o conto do "Carballo con Botas", abrazamos entre todas e todos un carballo milenario, Alberto contounos historias de animais chulísimas e fomos na procura de coellos a un prado aquí preto peeeero......non se deixaron ver!!
árbore 
xogando
 Con Alberto estivemos a falar tamén dos habitantes dos bosques e, como non,  dos Mouchos de orellas  que enchen as noites de sons e música.Falounos dos seus sons, dos do Moucho Real e de outras aves que por aquí habitan.
Fixemos uns mouchiños de cartón e esta noite......espéranos unha fermosa aventura adicada especialmente aos noso oídos: imos dar un paseo nocturno polo bosque a ver se identificamos os seus cantares. Que emocionante!!!

mouchos 2 Mouchos

Como vedes estamos a vivir experiencias inesquecibles e estamos moi moi a gusto.

Mañá contámosvos como foi a experiencia!!
Boas noites a todas e todos.

4º e 5º en Cabo Peñas

Chegamos sen novidade, paramos en Luarca (deixamos foto), visitamos o faro e fixemos o Taller de cociña saudable. Como imaxinades estámolo a pasar xenial.

Chegamos a Lodoselo. 2º e 3º EP

Como sabedes os nenos e nenas de 2º e 3º de EP marchamos esta mañá de viaxe a Lodoselo en O  Viso, na montaña de Ourense e... xa estamos aquí.
A viaxe foi ben, non chove e  nada máis chegar fixemos unha Asemblea para organizarnos.
Estamos todos ben, contentos e con ganas de explorar todo o que nos rodea.



Esta noite esperamos podervos dar máis detalles e información porque a cobertura é moi limitada.

Un biquiño familias!!


viernes, 23 de mayo de 2014

Viaxe de estudos: Cabo de Peñas

4º e 5º EP

A finais de maio os alumnos e 4º e 5º de  EP disfrutaran dunha merecida viaxe de estudos a Cabo de Peñas (Asturias). O plan da viaxe esta no documento en pdf que podedes consultar.

domingo, 11 de mayo de 2014

LUGOMÁXICO

 
O pasado xoves todo o alumnado de primaria acudimos ó Auditorio Gustavo Freire a gozar do gran espectáculo de maxia que forma parte do programa de actividades para escolares dentro da Semana Internacional de Maxia de Lugo.
 
Foi un momento cargado de  ilusión e encanto cheo de trucos de cartas,  de panos interminables, de xogos con aros, de aparicións e desaparicións,…, facéndonos pasar un momento moi divertido e entretido co bo facer de cinco grandes actores ademais de magos.