Que ben o estamos a pasar familias!!
Despois
dun rico xantar tivemos xogo libre para despois meternos de cheo nos
traballos de horta e coidado dos animais. Plantamos unha pradaira e un
carballo. Na visita á granxa de vacas moitos tivemos a oportunidade de achegarnos a elas, tocalas e superar así os nosos medos tocando aos xatiños. Como dicimos nós "que monada!!!"

Despois contáronnos o conto do "Carballo con Botas", abrazamos entre todas e todos un carballo milenario, Alberto contounos historias de animais chulísimas e fomos na procura de coellos a un prado aquí preto peeeero......non se deixaron ver!!

Con Alberto estivemos a falar tamén dos habitantes dos bosques e, como non, dos Mouchos de orellas que enchen as noites de sons e música.Falounos dos seus sons, dos do Moucho Real e de outras aves que por aquí habitan.
Fixemos
uns mouchiños de cartón e esta noite......espéranos unha fermosa
aventura adicada especialmente aos noso oídos: imos dar un paseo
nocturno polo bosque a ver se identificamos os seus cantares. Que
emocionante!!!
Como vedes estamos a vivir experiencias inesquecibles e estamos moi moi a gusto.
Mañá contámosvos como foi a experiencia!!
Boas noites a todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Animádevos a comentar!