O Centro desenvolve como todos os anos o
chamado Plan TIC( plan de Tecnoloxía de Información e de comunicación). A
incorporación das novas tecnoloxías ao curriculum iníciase en Ed. Infantil e continúase ata BAC; nun primeiro momento
coa familiarización e pouco a pouco a incorporación ao traballo cotián.
O uso do teclado a través de Mecanet
desenvolvémolo dende 5º EP a 2º ESO.
Este ano, estamos a desenvolver diferentes
talleres de catro e seis horas de duración dende 4º EP a 1º BAC no que se están
a presentar programas de debuxo, de edición de vídeo, de presentacións e de
confeccións de páxinas web que complementan o traballado ano a ano.