jueves, 20 de marzo de 2014

VISITA Á CASA MUSEO DE VÍCTOR CORRAL 3º EP

 
Marta, a mamá de Sergio, invitounos a visitar a Casa Museo de Víctor Corral en Baamonde.
Foi unha saída preciosa. 
O museo encantounos, coñecer ó artista foi un privilexio e o contorno de Baamonde é moi fermoso. Merece a pena facer esta visita.

 Foi o día previo ó inicio da primavera e estivo radiante e cheo de cores, cunha temperatura inmellorable. Ademais, tivemos a compañía inestimable de Sergio e Marcos, os nosos compañeiros de ESO e BAC que viñeron pasar o día connosco e botar unha man a Marta, David e Pilar.

 A casa de Víctor Corral está chea de sorpresas. O xardín invita a ser percorrido cos ollos ben abertos para descubrir todos os encantos naturais e artísticos que contén. A casa acolle un bo número de obras  do artista e outras que el mesmo seleccionou das feitas pola natureza coma un pato que  nos impactou a todos.
Victor foi amable connosco e regalounos a súa poesía e a súa compaña.

Despois fomos ver o río Ladra e o seu caneiro. Estaba precioso. 

Unha sorpresa que non agardabamos foi o almorzo " de luxo" no restaurante duns parentes de Sergio. Con mantel de fío e todo!!!

Grazas, Marta, por organizar unha saída tan gratificante para todos.











2 comentarios:

  1. Que lugar tan lindo!! alégrome moito de que o tempo vos acompañase. A verdade é que é un luxo que os nenos e nenas coñezan aos artistas de preto e aprendan a valorar as diferentes expresións artísticas. Grazas Marta!!

    ResponderEliminar
  2. Marta invitounos a casa de Victor Corral e as escuturas son marabillosas. Fumos a un restaurante e almorzamos.
    PASEINO XENIAL

    ResponderEliminar

Animádevos a comentar!