miércoles, 18 de septiembre de 2013

Estadía 5º EP

Queremos darvos a benvida a todas as familias xunto cos vosos fillos e fillas a un novo curso académico. E informarvos de que será a través deste blog onde podedes ir vendo as actividades que facemos dentro e fóra da aula. 

Gustaríanos moito contar coa vosa participación a través dos comentarios que podedes facer debaixo de cada entrada. E como xa sabedes, comezamos a andaina coas Estadías de Outono de 1º, 3º e 5º de Primaria. Sendo a primeira en desenvolverse a de 5º de Primaria.

 A continuación deixámosvos o enlace ao blog  da Aula da Natureza Trevia para que poidades seguir de cerca todo o que traballamos, descubrimos, aprendimos e o ben que o pasamos nesta primeira Estadía.