lunes, 24 de junio de 2013

XORNADA DE GOLF

O Departamento de Educación Física de Galén, en colaboración co  Club de Golf Lugo, organizou unha xornada de golf para o terceiro ciclo de primaria.

Durante esta xornada, visitaron o campo de golf e recibiron clases de iniciación impartidas polo profesor do clube Gonzalo Guisasola. Nestas clases coñeceron os principios básicos do golf,  as regras básicas, o material de xogo e por suposto demostraron as súas habilidades no “swing” dende o campo de práctica, e no “putt” dende o putting green.
              
            Á marxe das esixencias propias desta modalidade, trátase dun deporte técnico no cal a psicoloxía xoga un papel fundamental. Desenrólanse, tamén, outros aspectos fundamentais para os nenos/as, como son o compañeirismo, o respecto, o autocontrol e a paciencia polo que axuda no desenrolo mental dos practicantes. Ofrece unha magnífica oportunidade de contacto coa natureza e o aire libre, relaxación, técnica e diversión.

Os alumnos/as demostraron nesta xornada boas maneiras que fan presaxiar uns grandes golfistas. O profesor de Educación Física felicita aos participantes polo interese  e a precisión nos seus golpeos.

Foi unha xornada de acercamento a este apaixonante deporte e unha xornada de entretemento, aprendizaxe e diversión.