viernes, 14 de febrero de 2014

COCIÑANDO 3º E.P.



Cociñando para todo o cole!!!
3º Educación Primaria
Hoxe foi o día que nos tocou cociñar para todos e todas.
O primeiro que fixemos foi escoller o menú.
Empezamos polo tipo de cocina que nos gustaría facer e optamos pola cociña do mundo. E dentro da cociña do mundo decidímonos pola cocina mexicana que sen ser tan popular como a italiana é coñecida por todos e todas.
Fixemos un proxecto de investigación sobre a gastronomía mexicana e descubrimos que lles encanta o picante e que mesmo as lambetadas levan chile!!! Tamén decatámonos de que usan moito o leite nas sobremesas. Tres leites: leite evaporada, condensada e pasteurizada.
E tivemos que facer varias probas na casa para escoller a receita que máis nos gustara. Algunhas non nos gustaron moito. Pero gozamos facéndoas e compartíndoas cos compañeiros e compañeiras

Este foi o noso, un menú equilibrado e delicioso.

1º prato
Ensalada de "frijoles", leituga, millo, cebola e queixo con nachos e salsa de chile.

2º prato
"Fajitas" de tenreira


Sobremesa

Torta de chocolate e améndoas.



Todos e todas repetiron e felicitáronos.

Só temos unha pena e é que non o puidemos compartir cos compañeiros e compañeiras que estaban na neve e en Sotavento. Estamos en débeda con eles.

5 comentarios:

  1. Encantoume cociñar e que viñeran os meus pais comer co meu irmao.

    ResponderEliminar
  2. Me gusto mucho cocinar además estaba riquísima

    ResponderEliminar
  3. cocinamos pra todo o cole e encantoulles

    ResponderEliminar
  4. Que buena pinta tiene todo, otro día podéis invitarnos a los papis, se me hace la boca agua al verlo

    ResponderEliminar
  5. Jeje, nós como papis de Infantil ese día fomos comer ao cole e....asegúrovos que estaba moi boa. Aos máis pequenos as fajitas encantáronlles e a sobremesa....ummmmmmmm deliciosa. Noraboa rapazas e rapaces! Jaime e Catuxa.

    ResponderEliminar

Animádevos a comentar!