viernes, 9 de octubre de 2015

Alumnado de 6º EP con Olaf



Este xoves veu a visitarnos Javier, o pai de Gabriel, e Olaf o seu azor.
Aproveitando que estamos a estudar a Idade Media, falounos do importante que era a cetrería nesta época. Tamén nos aclarou todas as dúbidas sobre as aves rapaces (especialmente sobre os azores).
Todos aprendemos moito.
Moitas grazas Javier.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!