Halloween 2015
A semana pasada
coincidindo coa festividade de Halloween levamos a cabo unha serie de
actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na
actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda,
Reino Unido e dende fai uns cantos anos no noso cole tamén.
As actividades comezaron o Martes, o alumnado de 6º
de Primaria realizou un obradoiro de recollida de cabazas no horto para a posterior
elaboración dun biscoito que todo o alumnado degustou o día de Halloween.
"Terroríficamente delicioso"
O Mércores, o alumnado
de 4º E.S.O axudou a 3º, 4º, 5º e 6º de E.P a realizar un obradoiro de cabazas.
Todos e todas gozaron moito deseñando e dando forma ás máis orixinais e
espeluznantes cabazas. Unha vez rematadas as nosas "Jack O´Lantern"
espuxémolas no comedor e na entrada do cole. Todo quedou decorado de medo
O día da festa todo o cole viuse involucrado nun proxecto
conxunto no que realizamos diferentes actividades. A primeira hora
completamos un libriño de actividades lúdicas con sopas de letras,
encrucillados e lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos
moitísimo vocabulario de Halloween!!!!
Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe no
que os alumnos e alumnas de 4º E.S.O. viñeron a maquillarnos. Menudos artistas
que temos no cole !
Outro clásico é o FESTIVAL DE HALLOWEEN. Colaboramos entre todos os cursos de primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeiros e compañeiras; cancións de Halloween, rimas, incluso un grupo explicou as orixes desta festividade, todo en inglés, por suposto….
Miguel e Mónica de 3º E.S.O presentaron o show e a verdade é
que o fixeron moi ben. Bruxas,
esqueletes, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos, científicos locos e
ata algún Michael Jackson….
Despois do festival
voltamos ás nosas clases para ir facer o truco ou trato entre os distintos cursos
do centro,
E a continuación no
comedor degustamos un horripilante menú de Halloween elaborado por 6º de E.P:
ollos de zombie, pelo de bruxa con dedos amputados e de postre o pastel de
cabaza, xunto cos dedos de bruxa que cociñaron os alumnos e alumnas de 2º E.S.O.

Xa pola tarde sesión de cine. Películas de Halloween para pasar unha tarde de medo.
Por un día a cultura anglosaxona foi a protagonista e para todos nos foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Animádevos a comentar!