A Fundación TIC xa ten o vídeo do concerto "Andando a Terra" que celebramos no
Auditorio o 17 de decembro.
A Fundación Tic e o Centro Educativo Galén invitámosvos
ao acto presidido poloPresidente da Fundación TIC e Presidente da
Deputación, no que visionaremos un remix
de como se fixo, previo á entrega dun exemplar do vídeo por familia.
O citado acto terá lugar no Salón de Actos da Deputación o martes 24 de febreiro
ás 20.00 h.
Estades todas e todos convidados xunto cos vosos fillos ou fillas.
Agradecémosvos de antemán a asistencia.
viernes, 20 de febrero de 2015
jueves, 5 de febrero de 2015
miércoles, 4 de febrero de 2015
UN DÍA MOI BRANCO
Hoxe viñamos preparados para gozar da neve e as condicións meteorolóxicas non nos defraudaron e así de ben o pasamos no patio da mañá.
COCIÑANDO PARA TODO O COLE 3º EP
Cociñando para todo o cole !!!!
3º Educación Primaria
Por fin tocounos cociñar para todos e todas.
O primeiro que fixemos foi escoller o menú. Tiña que ser un menú saudable, equilibrado, apetecible e que levara o millo que plantamos o ano pasado con Mar na horta do cole.
Optamos por un combinado de cociña do mundo que incluíra
este cereal e escollemos unha Ensalada de millo moi típica en México e Roliños
de primavera con Arroz tres delicias
orixinais de China.
O que foi un autentico éxito foi o Tronco nevado
que fixemos para a sobremesa. Calquera día o podemos facer na casa con vós. É
moi sinxelo e riquísimo.
O máis interesante de todo foi cociñar esas
cantidades inmensas de comida, recibir a todos os compañeiros e compañeiras do
cole como si foran os nosos invitados, servirlles nas mesas e recibir as súas loanzas
e os seus agradecementos polo noso traballo.
A verdade é que foi unha experiencia moi
gratificante.
Mirade algunhas fotos.
domingo, 1 de febrero de 2015
DÍA DA PAZ
Este venres 30 todos e todas nos reunimos no hall do noso colexio para festexar o día da Paz, e alzar as nosas voces en contra da violencia en calquera das súas manifestacións. Para elo buscamos alusións ao tema no mundo da Pintura e da Literatura e o recollimos en pequenos murais que quedaron expostos no corredor do centro.

¡¡ POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)