miércoles, 4 de febrero de 2015

COCIÑANDO PARA TODO O COLE 3º EP


Cociñando para todo o cole !!!!
3º Educación Primaria

Por fin tocounos cociñar para todos e todas.

O primeiro que fixemos foi escoller o menú. Tiña que ser un menú saudable, equilibrado, apetecible e que levara o millo que plantamos o ano pasado con Mar na horta do cole. 

Optamos por un combinado de cociña do mundo que incluíra este cereal e escollemos unha Ensalada de millo moi típica en México e Roliños de primavera con Arroz tres delicias orixinais de China.

O que foi un autentico éxito foi o Tronco nevado que fixemos para a sobremesa. Calquera día o podemos facer na casa con vós. É moi sinxelo e riquísimo.

O máis interesante de todo foi cociñar esas cantidades inmensas de comida, recibir a todos os compañeiros e compañeiras do cole como si foran os nosos invitados, servirlles nas mesas e recibir as súas loanzas e os seus agradecementos polo noso traballo.

A verdade é que foi unha experiencia moi gratificante.

Mirade algunhas fotos.












 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!