martes, 28 de enero de 2014

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO

Este xoves, os alumnos e alumnas de 6º E.P que formamos o Movemento Anti Maltrato Animal chamado 24-O M.A.M.A, recibimos a visita da Protectora de Animais e Plantas de Lugo e da Asociación canina Esmorga.
Explicáronnos como funciona a protectora e fixéronnos unha exhibición de Agility. Tamén nos contaron como acercarnos a un can ou a calquera outro animal, e algunhas cousas sobre comportamento animal. 
Fixeron unha demostración de Agility, na que participaron cans que eles recolleran da rúa, cans sen pedigree, que, a base de cariño e respeto conseguiron facer actividades que nos deixaron abraiados. 
Como colofón, deixáronnos dirixir ós cans nun recorrido..... Foi toda unha experiencia!!
Grazas a todos e todas por vir. Esperamos que non sexa a última visita.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!