viernes, 24 de enero de 2014

TEATRO EN INGLÉS 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Este Xoves 23 de Xaneiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P acudimos a unha representación dunha obra de teatro en inglés no auditorio municipal Gustavo Freire. 
"Time travellers" era o título da obra que explicaba a historia dunha rapaza chamada Liz, aparentemente moi normal pero que contaba cunha característica moi especial: podía viaxar no tempo. No seu percorrido a través dos séculos axudaba a famosos personaxes da historia; dende exploradores ata heroes e inventores como Cristobal Colón ou Pablo Picasso, entre outros...
A verdade e que resultounos emocionante e divertida, pasamos un bo rato ó mesmo tempo que aprendemos e melloramos o noso inglés.  Aquí vos deixamos unha foto dun dos momentos de espectáculo.
                                        " Time travellers."  BLUE MANGO THEATRE

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!