Moi boas a todas e todos.
Accedede á nova web www.centrogalen.com Agardamos que vos guste.
Pretendemos con esta páxina que todos os visitantes poidan saber quen
somos e como entendemos a educación, ademais, pódese acceder a toda a
información que nace no Centro.
Desprazándose cara a abaixo accédese aos dous vídeos de
presentación do Centro e ás últimas noticias, podedes atopar as mesmas
clasificadas por etapas ou diferentes categorías no menú superior Noticias.
No menú superior pódese acceder a diferentes menús clasificados en Proxecto educativo e Instalacións e servizos, ambos os dous subdivididos noutros que permiten coñecernos en profundidade. Ademais, accédese a Admisión e Contacto. Tamén, podedes ver esta páxina en castelán.
Atoparedes o acceso ás nosas redes sociais nos iconos situados ao
fondo da páxina: Canle de vídeos de Youtube, galerías de Flickr, Twitter
e Facebook, estas dúas últimas podedes seguilas, tamén, na páxina de Noticias, na columna da esquerda.
Os blogs das diferentes etapas aínda que continúan abertos deixarán
de ser actualizados, todas as novas estarán recollidas nestas páxinas e
nos Muros do Centro en Facebook e Twitter.
Os blogs de Urban English Camp, English Summer Camp e Viaxe a
Broadstairs recollerán información destas actividades durante a
celebración das diferentes actividades. A información xeral estará
recollida nos blogs e na nosa páxina, onde xa podedes vela.
Os blogs de Aula Natureza Trevia e Cantarela Escola de Música
deixarán de estar operativos e todas as novas xeradas recollerémolas na
nosa páxina.
Agardamos que vos guste a nova páxina.
lunes, 2 de mayo de 2016
jueves, 24 de marzo de 2016
Xornadas portas abertas, 2 de abril.
Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas
Abertas que celebraremos o vindeiro sábado 2 de abril, de 10.30 a
14.00, poderedes coñecer noso novo proxecto para a Ed. Infantil: Galén
Nursery School e o noso proxecto educativo da man do profesorado do
Centro. Ademáis haberá unha exposición interactiva de xogos matemáticos,
un taller de abalorios, teatro en inglés para nenos e nenas e no Centro
estará montada a exposición da Semana da Ciencia, este ano ao redor da
atmósfera. Vinde.
miércoles, 16 de marzo de 2016
FIXEMOS O NOSO PROGRAMA DE RADIO
“INFORMATIVO ONDA GALÉN”
As
alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, realizamos un programa de radio con formato de informativo para o que elaboramos noticias, unhas
inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas e libros, deportes...
Este ano
contamos coa colaboración do presidente da Sociedade protectora de
animais e Plantas de Lugo e de varios alumnos e alumnas de 1º de Bac do cole,
que nos concederon unhas interesantes entrevistas.
Este
traballo realizámolo en colaboración coas distintas áreas de língua que estudamos no cole: castelán, galego, inglés e francés.
O xoves
3 de marzo fomos gravalo a Onda Cero e o martes 8 de marzo ás 13: 00 emitiuse en (Onda Cero Lugo 94,9 FM).


domingo, 7 de febrero de 2016
Galén Nursery School
Galén
Nursery School é o nome do noso novo proxecto educativo para a
Educación Infantil. Preséntamolo na Casa do Saber, no adro da Catedral o
vindeiro venres 19 de febreiro ás 19.00, estades todas e todos
convidados e, ademais, iremos contando algunhas novidades estes días.
sábado, 6 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
O pasado venres celebramos en Galén a nosa festa de Entroido. O tema sobre o que traballamos este ano foron os contos populares, e así o noso cole se encheu de ratiñas, bruxas, piratas, bailarinas, soldadiños de chumbo, animais, músicos, .... un sinfín de personaxes, que aos maiores nos lembraron esos mundos de maxia e fantasía que agora compartimos cos nosos fillos e fillas. Aquí vos deixamos o enlace a galería de fotos, onde poderedes gozar dalgunhas das imaxes que nos deixou esta divertida xornada.
Feliz Entroido!!
domingo, 24 de enero de 2016
COMEMOS O QUE SEMENTAMOS
Chegou o día que tanto estabamos agardando!!!
Por fin 3º de Primaria cociñamos para todo o colexio.
Empezamos o curso pasado sementando o millo con Mar. Feita a colleita empezamos a pensar no menú e puxémonos a investigar. Buscamos receitas con millo que se puideran facer para máis de 300 comensais, que foran apetitosas e que conformaran un menú equilibrado. Non foi tarefa doada pero conseguímolo.
De primeiro fixemos unha ensalada de pataca, feixóns, surimi e millo, boísima. De segundo, un clásico que case nunca falla: tortillas de millo recheas de polo e pementos verdes e vermellos. De sobremesa, tronco de chocolate.
Decoramos as mesas e servimos, mesmo axudamos a algunha persoa.
O primeiro estivo ben pero o segundo e a sobremesa foron un auténtico éxito.
Fomos bos anfitrións e anfitrionas e os nosos convidados gozaron co menú que elaboramos e da nosa axuda.
Sentímonos xenial facendo o traballo. Foi unha experiencia inesquecible.
Na primavera sementaremos patacas para cociñalas o próximo curso.
viernes, 22 de enero de 2016
SAÍDA AO MUSEO
Este xoves o
alumnado de 5º de Primaria fomos ao Museo Provincial de Lugo a actividade “Crea
o teu Museo”.
Xogamos a ser
guías, recepcionistas, fotógrafos, restauradores, conservadores, persoal de
mantemento, vixiantes, persoal de limpeza, xerente, director, guías,…e
descubrir cal sería a nosa función.
Tamén descubrimos
algo que nos sorprendeu a todos: que o ouro era extraterrestre, si, si, pero
nos vos imos contar nada máis, se queredes saber o motivo ides ter que visitar
o museo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)