domingo, 24 de enero de 2016

COMEMOS O QUE SEMENTAMOS

Chegou o día que tanto estabamos agardando!!!
Por fin 3º de Primaria cociñamos para todo o colexio.

Empezamos o curso pasado sementando o millo con Mar. Feita a colleita empezamos a pensar no menú e puxémonos a investigar. Buscamos receitas con millo que se puideran facer para máis de 300 comensais, que foran apetitosas e que conformaran un menú equilibrado. Non foi tarefa doada pero conseguímolo.

De primeiro fixemos unha ensalada de pataca, feixóns, surimi e millo, boísima. De segundo, un clásico que case nunca falla: tortillas de millo recheas de polo e pementos verdes e vermellos. De sobremesa, tronco de chocolate. 





Decoramos as mesas e servimos, mesmo axudamos a algunha persoa.
O primeiro estivo ben pero o segundo e a sobremesa foron un auténtico éxito. 
Fomos bos anfitrións e anfitrionas e os nosos convidados gozaron co menú que elaboramos e da nosa axuda.


Sentímonos xenial facendo o traballo. Foi unha experiencia inesquecible.

Na primavera sementaremos patacas para cociñalas o próximo curso. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!