viernes, 20 de noviembre de 2015

CONVENCIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS

      Hoxe 20 de Novembro, coincidindo co anivesario da Convención sobre os Dereitos do Neno, os alumnos e alumnas de 6º E.P acudiron ó Concello para participar nun pleno xunto ca Ilustrísima alcaldesa  de Lugo, Lara Méndez e a presidenta de UNICEF en Lugo, así como os compañeiros e compañeiras doutros coles, no que se debatiron diferentes cuestións relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas.
      Ó noso cole tocoulle traballar o dereito á protección contra os malos tratos. Previamente na aula  estivemos lendo a Convención dos Dereitos dos Nenos e fixemos un debate analizando aquelas cousas que hai en Lugo que fomentan ou aseguran cada un dos dereitos da infancia. Despois  fixemos unha reflexión sobre cada dereito e tamén plantexamos propostas de mellora para que cada día máis nenos e nenas vexan cumplido ese dereito e por último formulamos preguntas á alcaldesa sobre o cumplimento dos dereitos na nosa cidade.
      Carme, Hugo, Bea e Myriam ocuparon os 4 escanos que nos correspondían  e deron a coñecer a todos os asistententes o traballo  que entre todos e todas elaboramos. Foi unha experiencia moi gratificante e  durante un anaco sentímonos como se nas nosas mans estivese facer do mundo un lugar no que os dereitos de todos os nenos e nenas fosen unha realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!