martes, 12 de mayo de 2015

Visita de Sabela Nuñez Singala

O pasado Luns e dentro das actividades programadas nas Xornadas da cultura 2015 as aulas de 4º e 5º de Educación primaria recibiron a visita de Sabela Nuñez Singala a autora do libro “O Agasallo de Anya” ao redor do cal creamos este ano un Clube de Lectura. 

Estabamos moi nervosos e ilusionadas coa súa visita…unha escritora de verdade!! Sabela iniciou a tarde contándonos un conto ao redor do soño que unha noite tivera Xiana, un soño dunha viaxe a un país lonxano, Ucraína, onde había nenos e nenas que non vivían coa súa familia e aos que lles faltaban moitas cousas (alimentos, xoguetes, productos de hixiene…)

 E soñou…soñou que alá ían ela e unha amiga a coñecer aquel país tan diferente ao seu, a vivir aquela realidade tan afastada da súa propia experiencia…e gozaban…e aprendían….e sentían. 

Ao longo do conto moitos de nós fomos identificando moitas das cousas que lles acontecían ás personaxes, lugares que aparecen no libro e….pouco a pouco despois dun ratiño decatámonos de que aquela historia estaba baseada na experiencia de Sabela e a súa familia. 
sabela4

E Sabela non veu soa. Trouxo con ela a Xiana, cargada coa maleta cheíña de recordos da viaxe: moedas e billetes, o diario na fardeliña de tea de pixama, a carta da súa nai, algúns contos de alá….. 
sabela 2
sabela 3
 

 Foi unha tarde ben chula e rematamos....pedíndolle a Sabela que nos asinase os nosos libros...que ilusión nos facía!!!
Grazas Sabela por compartir con nós esta aventura tan especial. Quedamos encantados coa túa presenza e enganchadas do teu libro. 
Moitas apertas para ti !!!
Sabela 1

1 comentario:

  1. Moitas grazas a vós!!!
    Foi unha tarde fantástica para min. Aprendín un montón de cousas e paseino de marabilla. Biquiños para esas grandes lectoras e lectores!!!

    ResponderEliminar

Animádevos a comentar!