martes, 9 de diciembre de 2014

Andando a Terra




Martes 16 de decembro ás 18.00


Un ano máis, estamos mergullados nun Proxecto interdisciplinar no que participa todo o Centro. A figura de Manuel María serve de eixo vertebrador para un traballo en equipo que representa o espírito do noso proxecto educativo, un traballo colaborativo onde toda a comunidade que forma Galén participa facendo ao alumnado centro dun espectáculo único, irrepetible e propio que os faga sentirse protagonistas de algo máxico.
Manuel  María é un poeta lugués que recolle na súa poesía unha temática moi ampla: o intimismo, o compromiso social, a paisaxe galega, a xente e a vida cotiá da nosa terra, cunha linguaxe  e recursos literarios que nos permiten traballar con nenos e nenas de todas as idades. É un poeta rural e urbano, cosmopolita a un tempo,  que nos achega a unha realidade galega, ás veces, non tan próxima como nós cremos. É un home do noso tempo que aborda temas universais dende un punto de vista cercano e actual.
A proposta escénica parte dun espectáculo musical que Uxía Senlle, colaboradora nesta aventura artística, concibe ao redor da obra do escritor chairego recollida en Andando a terra, título do disco que se publicou xunto co libro Os lonxes do solpor, no ano 2012.
Con ela e a súa banda compartiremos escenario  todo o alumnado do Centro, de Educación Infantil a Bacharelato. Ata ese día traballaremos a figura de Manuel María nas súas múltiples caras a través de obradoiros, saídas e investigacións vencelladas ás diferentes áreas curriculares que plasmaremos en traballos de diverso formato que expoñeremos eses mesmos días.
Este noso Andando a terra é posible grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e á Área de Cultura do Concello de Lugo.
Xunto con estas institucións colaboran con nós:  A Fundación TIC,  Escola de Imaxe e Son; a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Cafés Las Candelas, Espazo Escénico 10, Proxecto Danza, Fernando Rois Carroceda, bailarín e alumno do Centro; Teresa Nery, bailarina e coreógrafa; Isabel Sánchez e Marga Portomeñe, actrices;  Isidoro Rodríguez Pérez, Berta Sánchez Pérez e  Sila Cela Ferreiro, ex-alumna e fotógrafa.
A estrea deste espectáculo terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o día 16 de decembro pola tarde.
Agardamos contar con todas as nais e pais do alumnado do Centro e, tamén, con todas as persoas interesadas en presenciar un espectáculo distinto ao redor da figura dun dos poetas senlleiros da nosa literatura.
Enlaces de interese, se algún non funcionase podes pegalo no teu navegador:
https://www.spotify.com/es/                                       

1 comentario:

  1. Just love your article.I do invariably look over your web site for brand new articles.I am recently performing on associate app spotify web player
    thats going awing and special because of you

    ResponderEliminar

Animádevos a comentar!