viernes, 10 de octubre de 2014

COCIÑAMOS 4ºE.P

Esta semana os alumnos e alumnas de 4º E.P deseñamos e cociñamos un menú especial para todo o cole.

O menú preparámolo utilizando os produtos da nosa horta, patacas e repolo: de primeiro Patacas Ali Oli con tiras de xamón, de segundo Pastel de Repolo e de postre Mousse de chocolate... Mmmmmm, quedounos riquísimo.

O xoves foi o dia en que servimos a todos os nenos e nenas do cole o noso menú, fixémolo de marabilla e recibimos as felicitacións dos nenos e tamén dos profesores.

Aquí vos deixamos unha selección de fotos.
 
























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!