jueves, 2 de mayo de 2013

XORNADAS ESCOITA ACTIVA

Girl listening with her hand on an ear

Esta entradiña vai dirixida especialmente a pais e nais. 
Como sabedes en Galén a participación e colaboración coas familias é moi importante e, un curso máis, no mes de maio ofertan unhas xornadas de formación para familias e docentes que leva por título "Escoita Activa" coa psicóloga e terapeuta Isabel Fuster Rapezza.

O Obradoiro ten como obxectivo principal ensinarnos a escoitar o esencial, o que realmente sentimos que é significativo,a expresarnos apropiadamente e tamén, como adultos, a axudar aos nenos e nenas a que poidan contactar, identificar expesar e resolver as súas emocións. 
Tamén tomaremos tempo para detectar e solucionar as interferencias emocionais dos interlocutores adultos e rapaces/as que levan a interpretacións equivocadas e tomas de decisión inapropiadas, desviando ao adulto do seu rol de pai/nai ou educador/a e causando dano na expresividade natural do neno/a e nos niveis de confianza.

O Obradoiro desenvolverase no cole os días 11 e 12 de maio en horario de 10 a 14 h e 15:30 a 20:00 h o sábado, e o domingo de 10 a 14h.
 
Animádevos a asisitir porque é moi moi interesante.
Se precisades máis información non dubidedes preguntar no cole.


Isabel Fuster Rapezza é Licenciada en Psicología pola Univesidade Autónoma de Madrid e psicoterapeuta con formación jungiana, humanista e sistémica. Titulada como especialista en constelacións familiares polo Instituto de Constelaciones Familiares de Madrid e formación con Bert Hellinger. Titulada en pedagoxía do Abrazo de Vinculación pola Escuela Prekop de Munich. Foi profesora de Postgrado de psicomotricidade na Universidade de Valencia e é profesora de formación continua para profesores.
Exerce dende hai anos como psicoterapeuta de parellas e familias na súa consulta privada e  como profesora e conferenciante en Institucións Públicas e Privadas.