domingo, 18 de noviembre de 2012

Galén no "O Apóstolo"

Xa pasou algun tempo dende que os nosos alumnos e alumnas visitaran a rodaxe da que é a primeira longametraxe española rodada integramente coa técnica de animación stop-motion e a primeira en Europa en stop- motion estereoscópica.  Foi aló polo 2009 candos os nenos e nenas de aquel 4º de E.P. (hoxe en 2º da ESO), e os de 2º da ESO (xa fóra do centro, iniciando a súa andadura coma adultos, dende aquí bicos a tod@s) visitamos as instalacións destinadas á rodaxe pola productora  ARTEFACTO en Santiago de Compostela.
 
O filme, foi estreado a pasada noite de defuntos (31 de outubro), e por esa razón  recuperamos o video-montaxe realizado con motivo daquela saída. As fotos son de pouca calidade (a xente estaba a traballar e non podiamos usar flashes) pero o suficiente para despertar en nós o recordo daquela saída...